Axustar o teléfono para bloquearse automaticamente
Desexa protexer o seu teléfono contra o uso non autorizado? Defina un código de
bloqueo e axuste o teléfono para bloquearse automaticamente cando non o está a
utilizar.
1 Seleccione >
Axustes
e
Teléfono
>
Xestión do teléfono
>
Axustes
seguridade
>
Teléfono e tarxeta SIM
.
2 Seleccione
Código de seguridade
e introduza un código de bloqueo. Requírese
un mínimo de 4 carácteres e poden utilizarse números, símbolos e letras en
maiúsculas e minúsculas.
Garde o código de bloqueo nun lugar secreto e seguro lonxe do teléfono. Se
esquece o código de bloqueo e o teléfono se bloquea, será necesario acudir ao
servizo técnico. É posible que se apliquen tarifas adicionais e que se eliminen
todos os datos persoais do teléfono. Para obter máis información, póñase en
contacto cun servizo de atención ao cliente de Nokia Care ou co distribuidor do
teléfono.
3 Seleccione
Tempo bloqueo autom. tel.
e defina o tempo que desexa que
transcorra para que o teléfono se bloquee automaticamente.
Bloquear o teléfono manualmente
Na pantalla Inicio, prema a tecla de acendido , seleccione
Bloquear teléfono
e
introduza o código de bloqueo.
Xestión do teléfono 115
Desbloquear o teléfono
Esvare o interruptor de bloqueo das teclas, insira o código de bloqueo e seleccione
Aceptar
.
Se o interruptor de bloqueo non está dispoñible, pode premer a tecla de
desprazamento e seleccionar
Desbloquear
.