Indicadores xerais da pantalla
A pantalla táctil e as teclas están bloqueadas.
Alguén intentou chamalo.
Ten mensaxes sen ler.
Se o indicador das mensaxes se ilumina de xeito intermitente, é posible que
se deba a que a carpeta da caixa de entrada estea chea.
Ten un evento de calendario perdido.
Axustouse unha alarma.
Hai mensaxes en espera de ser enviadas na carpeta Caixa de saída.
Está a usar a segunda liña do teléfono (servizo de rede).
As chamadas entrantes desvíanse a outro número (servizo de rede). Se ten
dúas liñas de teléfono, un número indicará a liña que se atopa activa.
O seu teléfono está listo para efectuar unha chamada da Internet.
Hai unha chamada de datos activa (servizo de rede).
Uso básico
27