Accións na pantalla táctil
Para interactuar coa interface de usuario, toque ou manteña tocada a pantalla táctil.
Importante: Evite raiar a pantalla táctil. Nunca utilice bolígrafos, lapis nin demais
obxectos afiados na pantalla táctil.
Abrir unha aplicación ou outro elemento da pantalla
Toque a aplicación ou o elemento.
Acceder ás funcións rapidamente
Manteña tocado o elemento. Abrirase un menú emerxente coas opcións dispoñibles.
Exemplo: Para enviar unha imaxe ou eliminar unha alarma, manteña premida a imaxe
ou a alarma e, no menú emerxente, seleccione a opción oportuna.
Arrastrar un elemento
Manteña tocado o elemento e mova o seu dedo pola pantalla.
22
Uso básico
Exemplo: Pode arrastrar elementos da pantalla de inicio.
Esvarar co dedo horizontalmente
Coloque un dedo na pantalla e escorrégueo de xeito uniforme na dirección desexada.
Exemplo: Para cambiar a outra pantalla Inicio, esvare co dedo horizontalmente á
esquerda ou á dereita.
Para desprazarse por unha lista ou menú, mova rapidamente o dedo arriba e abaixo
sobre a pantalla e, a continuación, levánteo. Para deter o desprazamento, prema a
pantalla.
Ampliar e reducir
Coloque dous dedos nun elemento (un mapa, imaxe ou páxina web) e arrastre os
dedos separándoos ou xuntándoos.
Consello: Tamén pode premer o elemento dúas veces.
Uso básico
23