Configurar o uso compartido de vídeo
Para configurar a función de uso compartido de vídeo, cómpre establecer os axustes
da conexión de persoa con persoa e de 3G.
As conexións de persoa con persoa coñécense tamén co nome de conexión de
Protocolo de Inicio da Sesión (SIP). Cómpre configurar os axustes do perfil SIP no
teléfono para poder utilizar a función de compartir vídeo. Solicite ao seu fornecedor
de servizos os axustes do perfil SIP e gárdeos no seu teléfono. É posible que o seu
fornecedor de servizos lle envíe os axustes nunha mensaxe de configuración ou lle
forneza unha lista dos parámetros necesarios.
Configurar unha conexión de persoa con persoa
1 Seleccione >
Axustes
,
Conectividade
>
Axustes administrativos
>
Axustes
de SIP
e un perfil SIP.
2 Introduza os axustes de perfil SIP necesarios.
Modificar os axustes de uso compartido de vídeo
Seleccione >
Axustes
e
Conectividade
>
Compartir vídeo
.
Utilizar unha conexión 3G
Para obter máis información verbo das redes, póñase en contacto co fornecedor de
servizos.
Engadir un enderezo SIP a un contacto
1 Seleccione >
Contactos
.
2 Seleccione un contacto e
3 Seleccione >
Compartir vídeo
.
Teléfono
47
4 Insira o enderezo SIP co formato nomedeusuario@nomededominio (pode utilizar
un enderezo IP en lugar dun nome de dominio).
Se non coñece o enderezo SIP do contacto, pode utilizar o número de teléfono
do destinatario, incluído o prefixo de país, para compartir vídeo (se o fornecedor
de servizos de rede o admite).