Realización de videochamadas
Ten amigos ou familiares aos que non ve moi a miúdo? Se quere manter unha
conversa cara a cara, por que non lles fai unha videochamada?
As videochamadas son un servizo de rede e, para poder facelas, cómpre estar nunha
rede 3G.
Para obter máis información sobre a dispoñibilidade e os custos, póñase en contacto
co seu fornecedor de servizos de rede.
As videochamadas só poden ser entre persoas e non se poden facer durante outra
chamada de voz, vídeo ou datos.
Facer unha videochamada a un contacto
1 Seleccione >
Contactos
e o contacto.
2 Na tarxeta do contacto, seleccione
Videochamada
.
Nas videochamadas utilízase a cámara frontal de xeito predeterminado. Iniciar
unha videochamada pode tardar uns intres.
Durante unha chamada, vexa un vídeo de vostede e a persoa á que chamou. O
son vén do altofalante. Se a persoa á que chama non quere enviar vídeo, só
escoitar a súa voz, é posible que vexa unha imaxe ou un fondo en branco.
3 Para finalizar unha videochamada, prema a tecla Fin.
Facer unha videochamada a un número de teléfono
1 Na pantalla Inicio, escriba o número de teléfono.
2 Seleccione
>
Videochamada
.
Teléfono
39