Acenar
Coa función de Acenar, pode manter un rexistro privado dos lugares onde estivo.
Informe aos seus contactos e amigos de redes sociais do que fai acotío, e comparta
a súa localización nas súas redes sociais favoritas.
Seleccione >
Acenar
.
Para acenar, cómpre ter activada unha conexión á Internet e dispor dunha conta de
Nokia. Para compartir a súa situación, tamén precisa unha conta nun servizo de rede
social. Os servizos de redes sociais admitidos varían segundo o país ou a rexión.
Mapas
89
1 Inicie sesión na súa conta de Nokia ou, se aínda non dispón dunha, créea.
2 Pode compartir a súa localización nos servizos de redes sociais que use. Cando
utilice Acenar por primeira vez, pode axustar a credenciais da súa conta para os
servizos que use.
3 Seleccione a súa posición actual.
4 Actualice o seu estado.
Só pode realizar publicacións nos servizos seleccionados que configurou. Para
excluír un servizo, seleccione o logotipo deste. Para excluír todos os servizos,
mantendo como privada a súa situación e a súa actualización de estado,
desmarque a caixa de verificación marcada con
e publicar en
. Para configurar
unha conta nova no servizo, seleccione .
5 Seleccione
Acenar
.
Segundo a rede social, tamén poderá anexar unha imaxe á súa mensaxe.
Consello: Tamén pode acenar nunha localización directamente dende a páxina de
detalles do lugar en Mapas. En Mapas, seleccione a localización no mapa e a área de
información que se atopa na parte superior da pantalla. Na páxina de detalles,
seleccione
Compartir
.
Ver o historial de Acenar
Seleccione
.
Cómpre unha conexión á Internet para facer Acenar e compartir a localización. Isto
pode implicar a transmisión de grandes cantidades de datos e a aplicación de tarifas
de tráfico de datos relacionadas.
Os servizos de redes sociais son servizos de terceiros non fornecidos por Nokia.
Comprobe a configuración de privacidade do servizo de rede social que está a
empregar, xa que é posible que comparta información cunha gran cantidade de
persoas. Os termos de uso do servizo de rede social aplícanse ao uso compartido de
información en dito servizo. Familiarícese cos termos de uso e coas prácticas de
privacidade de dito servizo.
Importante: Antes de compartir a súa situación, teña en conta sempre con quen
a vai compartir. Comprobe a configuración de privacidade do servizo de rede social
que está a empregar, xa que é posible que comparta a súa situación cunha gran
cantidade de persoas.