Descargar e actualizar mapas
Garde os mapas de rúas novos no seu teléfono antes dunha viaxe, para que poida
explorar os mapas sen unha conexión á Internet cando viaxe.
Seleccione >
Mapas
.
Para descargar e actualizar mapas no teléfono, cómpre ter unha conexión Wi-Fi activa.
1 Seleccione
>
Carg. mapas
>
Engadir mapas novos
.
2 Seleccione un continente e un país e, a continuación, seleccione
Descargar
ou
Buscar actualizacións
.
Mapas
85
Consello: Tamén pode utilizar a aplicación de PC Nokia Suite para descargar os mapas
de rúas e os ficheiros de orientación vocal máis recentes e copialos no teléfono. Para
descargar e instalar Nokia Suite, diríxase á páxina www.nokia.com/support.
Cando instala unha versión máis recente da aplicación Mapas no seu teléfono,
bórranse os mapas da rexión ou país. Antes de utilizar Nokia Suite para descargar
mapas novos, abra e peche a aplicación Mapas, e asegúrese de ter a versión máis
recente de Nokia Suite instalada no seu ordenador.