Que fago cando a memoria está chea?
Se o teléfono indica que a memoria está chea, elimine o contido e as aplicacións
innecesarias da memoria do teléfono
Se se amosa unha mensaxe de que non hai memoria suficiente cando está a eliminar
varios elementos ao mesmo tempo, elimine os elementos un a un, comezando polos
máis pequenos.
Copie o contido que desexe conservar á memoria masiva, a unha tarxeta de memoria
compatible (se está dispoñible) ou a un ordenador compatible. Se é posible, instale
aplicacións na memoria masiva ou na tarxeta de memoria, no canto de na memoria
do teléfono.