Acceso rápido con teclas de marcación abreviada
Coas teclas de marcación abreviada, pode acceder a aplicacións e tarefas
rapidamente. Cada tecla tense que asignar a unha aplicación e unha tarefa.
Modificar as teclas de marcación abreviada
Seleccione >
Axustes
e
Teléfono
>
Tecl. marc. abrev.
. O seu fornecedor de
servizos puido asignar aplicacións ás teclas, neste caso non pode modificalas.
1 Tecla de inicio. Para abrir o menú principal, prema na tecla de inicio. Para volver
á pantalla Inicio, prema de novo a tecla de inicio. Para cambiar entre as aplicacións
abertas, manteña premida a tecla de inicio.
2 Tecla de correo. Para abrir a súa caixa de correo predeterminada, prema a tecla
de correo. Para comezar a escribir un correo, manteña premida a tecla de correo.
3 Tecla Calendario. Para ver o calendario de seu teléfono, prema a tecla Calendario.
Para crear unha nova entrada de xuntanza, manteña premida a tecla Calendario.
4 Tecla Contactos. Para abrir a lista de contactos, prema a tecla Contactos. Para
crear un novo contacto, manteña premida a tecla Contactos.