Inserir ou extraer a tarxeta de memoria
As tarxetas de memoria véndense por separado.
Non pegue adhesivos á tarxeta de memoria.
12
Introdución
O dispositivo ofrécelle a posibilidade de gravar vídeos en alta definición. Para obter
un rendemento óptimo cando grave vídeos na tarxeta de memoria, empregue
tarxetas microSD de alta calidade de fabricantes coñecidos. Recoméndase a tarxeta
microSD de clase 4 (32 Mbit/s (4 MB/s)) ou superior.
Inserir a tarxeta de memoria
1 Utilice a unlla para abrir a tapa da rañura da tarxeta de memoria.
2 Asegúrese de que a zona de contacto da tarxeta de memoria se atope orientada
cara arriba.
3 Empurre a tarxeta ata que encaixe no seu lugar.
Extracción da tarxeta de memoria
1 Se o teléfono está acendido, prema a tecla de acendido e seleccione
Retirar
[nome da tarxeta de memoria]
.
2 Utilice a unlla para abrir a tapa da rañura da tarxeta de memoria.
3 Empuxe a tarxeta cara ao interior ata liberala.
4 Retire a tarxeta.
Introdución
13