Inserir a tarxeta SIM e a batería
Importante: O dispositivo está deseñado para utilizarse unicamente cunha tarxeta
SIM estándar (consulte a ilustración). O uso de tarxetas SIM non compatibles pode
producir danos na tarxeta ou no dispositivo e danar os datos almacenados na tarxeta.
Póñase en contacto co seu operador de telefonía móbil para obter información acerca
do uso dunha tarxeta SIM que dispoña dun interruptor mini-UICC.
1 Apague o teléfono.
2 Tire da lingüeta da tapa traseira ata a parte inferior do teléfono e retírea.
10
Introdución
3 Retire a batería, se está inserida.
4 Utilice a unlla coidadosamente para extraer o soporte da tarxeta SIM. O soporte
non se pode extraer por completo.
5 Asegúrese de que a área de contacto da tarxeta se atope orientada cara abaixo
e insira a tarxeta SIM. Empuxe o soporte con coidado para colocalo de novo na
súa posición.
6 Aliñe os contactos da batería e insíraa.
Introdución
11
7 Dirixa os peches de seguridade ás rañuras correspondentes e prema a tapa cara
abaixo ata que encaixe no seu lugar.
Extraer a tarxeta SIM
1 Apague o teléfono.
2 Quite a tapa posterior.
3 Retire a batería, se está inserida.
4 Utilice a unlla coidadosamente para extraer o soporte da tarxeta SIM. O soporte
non se pode extraer por completo. Retire a tarxeta SIM.