Realizar chamadas de emerxencia
1
Asegúrese de que o teléfono estea acendido.
2
Comprobe que a intensidade do sinal é a axeitada. É posible que tamén necesite levar a cabo o seguinte:
•
Insira unha tarxeta SIM.
•
Desactive os bloqueos de chamada activados no teléfono, como a restrición de chamadas, a marcación fixa ou
os grupos de usuarios pechados.
•
Asegúrese de que os perfís Fóra de liña ou Voo non estean activados.
•
Se a pantalla e as teclas do teléfono están bloqueadas, desbloquéeas.
3
Prema a tecla Fin repetidamente ata que apareza a pantalla Inicio.
4
Insira o número de emerxencia oficial do lugar onde se atope. Os números de chamadas emerxencia poden variar en
función da súa situación.
5
Prema a tecla Chamar.
6
Forneza a información necesaria coa maior precisión posible. Non finalice a chamada ata que reciba permiso para
facelo.
122 Información do produto e de seguridade
Cando acende o teléfono por primeira vez, solicítaselle que cree unha conta de Nokia. Para facer unha chamada de
emerxencia mentres configura a conta, prema a tecla Chamar.
Importante: Active as chamadas de móbil e de Internet, se o teléfono admite chamadas de Internet. O teléfono pode
intentar efectuar as chamadas de emerxencia a través das redes móbiles e do fornecedor de servizos de chamadas de
Internet. Non se pode garantir que a conexión funcione en tódalas condicións. Nunca dependa unicamente dun teléfono
sen fíos para efectuar comunicacións importantes, como urxencias médicas.