Entorno operativo
Este dispositivo cumpre coas directrices de exposición a radiofrecuencia cando se emprega na posición normal de uso no
oído ou cando se coloca polo menos a unha distancia de 1,5 centímetros (5/8 polgada) do corpo. Se se utiliza unha funda
de transporte, unha pinza para o cinto ou un soporte para utilizar o produto pegado ao corpo, estes non deberán conter
ningunha peza de metal e deberá colocar o dispositivo á distancia indicada anteriormente.
Para enviar ficheiros de datos ou mensaxes, cómpre dispoñer dunha conexión de calidade á rede. É posible que o envío de
ficheiros de datos ou mensaxes se retrase ata que se atope dispoñible a mencionada conexión. Respecte as instrucións
sobre a distancia de separación ata completar a transmisión.