Información sobre a batería e o cargador
O seu dispositivo está deseñado para utilizarse cunha batería recargable BP-4L . Nokia pode fabricar modelos de batería
adicionais para este dispositivo. Utilice sempre baterías orixinais de Nokia.
O dispositivo está deseñado para utilizarse cos seguintes cargadores: AC-15 . O número exacto do modelo do cargador de
Nokia pode variar dependendo do tipo de enchufe, identificado mediante as letras E, X, AR, U, A, C, K, B ou N.
Información do produto e de seguridade 121
A batería pode cargarse e descargarse centos de veces, pero finalmente, desgástase. Cando a duración da batería no modo
de espera e durante as conversas telefónicas se reduza considerablemente, substitúaa.