Dereitos de autor e outros avisos
DECLARACIÓN DE CONFORMIDADE
Pola presente, NOKIA CORPORATION afirma que este produto RM-609 cumpre cos requirimentos básicos e con outras
condicións relevantes da Directiva 1999/5/CE. Pódese consultar unha copia da Declaración de conformidade na páxina
http://www.nokia.com/global/declaration.
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
Nokia, Nokia Connecting People e Navi son marcas comerciais ou marcas comerciais rexistradas de Nokia Corporation. Nokia
tune é unha melodía rexistrada de Nokia Corporation. O resto de produtos e nomes de compañías mencionados neste
documento poden ser marcas comerciais ou nomes comerciais dos seus respectivos propietarios.
A reprodución, transferencia, distribución ou almacenaxe de todo ou parte dos contidos deste documento, de calquera
modo e sen o previo consentimento por escrito de Nokia está prohibido. Nokia opera cunha política de desenvolvemento
continuo e resérvase o dereito a efectuar modificacións e melloras en calquera dos produtos descritos neste documento
sen previo aviso.
Oracle and Java are registered trademarks of Oracle and/or its affiliates.
The Bluetooth word mark and logos are owned by the Bluetooth SIG, Inc. and any use of such marks by Nokia is under license.
Este produto autorízase baixo a licenza MPEG-4 Visual Patent Portfolio License que permite ao usuario (i) o uso persoal e
non comercial en conexión con información que se codificou cumprindo co estándar visual MPEG-4 por un usuario nunha
actividade persoal e non comercial e (ii) o uso en conexión con vídeo MPEG-4 proporcionado por un fornecedor de vídeo
con licenza. Non se concede ningunha licenza nin se implica para calquera outro uso. É posible obter información adicional,
incluíndo a relacionada cos usos promocionais, internos e comerciais, de MPEG LA, LLC. Visite a páxina http://
www.mpegla.com.
THIS SOFTWARE IS PROVIDED FOR USE WITH VALIDLY LICENSED COPIES OF MICROSOFT OFFICE COMMUNICATIONS SERVER
2007 R2 AND LYNC 2010. IF YOU DO NOT HAVE A VALID LICENSE TO MICROSOFT OFFICE COMMUNICATIONS SERVER 2007
R2 OR LYNC 2010, YOU MAY NOT USE THIS SOFTWARE.
Na máxima medida permitida pola lexislación aplicable, nin Nokia nin ningún dos seus outorgantes de licenza se
responsabilizará baixo ningunha circunstancia da perda de datos ou ingresos nin de ningún dano especial, incidental,
consecuente (lucro cesante) indirecto, independentemente da súa causa.
Dereitos de autor e outros avisos 125
Os contidos deste documento fornécense "tal cal". Salvo que así o esixa a lei aplicable, non se ofrecerá ningún tipo de
garantía, expresa ou implícita, incluída, pero sen limitarse a ela, a garantía implícita de comerciabilidade e adaptación a un
propósito concreto con respecto á exactitude, fiabilidade e contido deste documento en calquera momento sen previo
aviso. Nokia resérvase o dereito de revisar este documento ou de retiralo en calquera momento sen previo aviso.
A enxeñería inversa do software incluído no dispositivo está prohibida na medida permitida pola lexislación aplicable. Na
medida en que esta guía de usuario contén limitacións nas representacións, garantías, danos e responsabilidade de Nokia,
é moi probable que as limitacións mencionadas limiten as representacións, as garantías e os danos e responsabilidades dos
outorgantes de licenza de Nokia.
A dispoñibilidade de produtos, funcións, aplicacións e servizos pode variar segundo a rexión. Para obter máis información,
póñase en contacto co seu distribuidor Nokia ou o seu fornecedor de servizos. Este dispositivo pode conter elementos,
tecnoloxía ou software suxeitos á lexislación de exportación e ás normativas dos Estados Unidos e doutros países. Queda
prohibida calquera alteración contraria ás disposicións da lexislación correspondente.
Nokia non fornece garantía algunha nin se responsabiliza da funcionalidade, contidos nin asistencia técnica ao usuario de
aplicacións de terceiros fornecidas co seu dispositivo. Mediante a utilización dunha aplicación, vostede recoñecerá que a
aplicación fornécese tal cal. Nokia non fornece garantía nin representación algunha nin se responsabiliza da funcionalidade,
contidos nin asistencia técnica ao usuario de aplicacións de terceiros fornecidas co seu dispositivo.
AVISO DO INDUSTRY CANADA/FCC
É posible que o dispositivo provoque interferencias nos televisores ou aparatos de radio (por exemplo, se utiliza un teléfono
preto dun equipo receptor). É posible que a FCC ou Industry Canada esíxanlle que deixe de utilizar o teléfono no caso de
que non se poidan eliminar as mencionadas interferencias. Se necesita asistencia técnica, póñase en contacto co centro de
servizo técnico local. Este dispositivo cumpre coa sección 15 do regulamento da FCC e os estándares de RSS exentos de
licenza de Industry Canada. O seu funcionamento está suxeito ás dúas condicións seguintes: (1) Este dispositivo non debe
provocar interferencias perigosas e (2) este dispositivo debe aceptar as interferencias recibidas, incluídas as que provoquen
un funcionamento non desexado. Calquera cambio ou modificación que non se aprobe de xeito expreso por Nokia podería
anular a autorización do usuario para utilizar este equipo.
Algunhas operacións e funcións dependen da tarxeta SIM e/ou da rede, das MMS ou da compatibilidade dos dispositivos e
dos formatos de contido admitidos. Algúns servizos están suxeitos a tarifas independentes.
/Edición 2.0 GL
126 Dereitos de autor e outros avisos