Conectar un dispositivo de almacenaxe masiva USB
Pode usar un adaptador USB On-The-Go (OTG) para conectar o seu teléfono a un
disco duro ou unha chave de memoria USB compatible. Por exemplo, pode gardar as
súas imaxes nunha chave de memoria USB sen ter que conectarse a un ordenador.
Conectar unha chave de memoria
1 Conecte o extremo micro USB do adaptador OTG USB (vendido por separado) ao
conector micro USB do seu teléfono.
2 Conecte unha chave de memoria ao adaptador OTG USB.
A aplicación Ficheiros abrirase e a tarxeta de memoria amosarase como dispositivo
de memoria masiva .
Copiar un ficheiro
En Ficheiros, manteña seleccionado o ficheiro que desexe copiar e, no menú
emerxente, seleccione a opción desexada e a memoria e carpeta de destino.
Conectividade 107
Se conecta un disco duro que necesita máis enerxía da que o seu teléfono pode
fornecer, amósase unha mensaxe de erro. Necesita conectar un alimentador de
enerxía externo para o disco duro.