Gardar información de localización nas súas imaxes e vídeos
Se ás veces non logra lembrar exactamente onde estaba cando tomou unha foto ou
un vídeo en particular, pode axustar o seu teléfono para que grave automaticamente
a situación.
Seleccione >
Cámara
.
A información de situación pode achegarse a unha foto ou a un vídeo se a súa situación
se pode determinar a través da rede e do GPS. Se comparte unha foto ou un vídeo
que conteña información de situación, esta información poderá estar visible para
outras persoas que visualicen a foto ou o vídeo. Pode desactivar o xeoetiquetado nos
axustes da cámara.
Activar a función de gravación da localización
Seleccione
> >
Gardar inform. de situación
>
Si
.
É posible que se tarden varios minutos en obter as coordenadas da súa localización.
Cámara
65
A dispoñibilidade e a calidade dos sinais de GPS pode verse afectada pola súa
localización, polas posicións do satélite, polos edificios, polos obstáculos naturais,
polas condicións meteorolóxicas e os axustes nos satélites GPS efectuados polo
goberno dos Estados Unidos. É posible que os sinais de GPS non estean dispoñibles
no interior de edificios ou en pasos subterráneos.
Non utilice o GPS para a medición dunha localización precisa e non debe depender só
dos datos de localización fornecidos polo GPS nin polas redes móbiles.
Indicadores de información de localización:
— A información de localización non está dispoñible. A información de localización
pode que non se garde nas imaxes ou vídeos.
— A información de localización está dispoñible. A información de localización
gárdase en imaxes ou vídeos.